Archive | febrero, 2015

UNHA PROPOSTA DE FUTURO DAS MAREAS, incluindo un sistema de xestión informática

6 Feb

UNHA PROPOSTA DE FUTURO DAS MAREAS, incluindo un sistema de xestión informática.

UNHA PROPOSTA DE FUTURO DAS MAREAS, incluindo un sistema de xestión informática

6 Feb

Nas MAREAS de Vigo e da Coruña, optouse por constituírse nun partido instrumental, para presentar unha candidatura única en cada concello, aglutinando as diferentes tendencias e partidos dispostos a participar nunha acción unitaria.

A min paréceme ben, pensando en que debe prolongarse a súa existencia más aló da celebración das eleccións, pois pretendese manter un vinculo entre os electos e o pleno da Asemblea Permanente da Cidadanía, para informar e cursar propostas de interese social e fiscalizar a acción dos electos respecto o seu cumprimento do programa proposto.s aló das Municipais, e que se rexería por un regulamento de participación que permitise:

En calquera caso, suponse que tal partido instrumental ten un carácter Asembleario, definido nos seus estatutos, de forma que os responsables do mesmo someten as súas accións e decisións o mandato do pleno da Asemblea, sendo responsables do mantemento da democracia interna, garantindo a libre participación e información de tódolos integrantes do pleno.

Así pois, os obxectivos e regulamento do funcionamento e a elección do equipo de dirección do mesmo serían definidos por unha Asemblea dos afiliados / fundadores, na que se formalizarían os acordos tomados por maioría (entre os que estará un código ético de comportamento como membro do mesmo), para o que se propón a modo de exemplo:

  • Se establecerán uns órganos de administración,segundo un regulamento para a súa elección e funcionalidade, que poderá organizarse en grupos de traballo, para mellor cumprir os mandatos da Asemblea, que terá carácter de permanente.
  • Poderán ser membros de tal partido instrumental, tódalas persoas maiores de 16 anos, con voz, voto e opción de ser elixidos, firmando unha ficha de afiliación, onde consten os datos de contacto para convocatorias e difundir información, sen prexuízo de que cada quen poida estar afiliado a outro partido, toda vez que o obxectivo da Asemblea permanente será prover de unha ferramenta de participación cidadán na política global dun xeito libre e responsable, mais alá da celebración das eleccións, pois non esquezamos que aos nosos candidatos se lles esixe unha liña de información, así como de recollida de peticións, para o que será preciso celebrar Asembleas ou xuntanzas periódicas (p. ex., cada 6 meses).
  • O Partido poderíase financiar a base dunha cota anual de 1 € a pagar por os afiliados, así tamén un pequeno porcentaxe (en torno o 1%) sobre os ingresos que perciban os electos polo desempeño do seu cargo. Unha proposta a debater, será si a cada candidato se lles esixe deixen unha carta de dimisión do cargo, sen data, por si a Asemblea decidira que debe abandonalo, si non cumpre co programa. (Maioría de dous terzos dos membros da Asemblea).

O Nome podería ser: Asemblea Permanente da Marea de… (ASPEMAR). Que logo podería federarse con outras plataformas ou partidos instrumentais de outras localidades galegas, podendo chamarse APMAREAS / GALIZA, Xa que logo haberá que prepararse paras as eleccións ao parlamento do estado e da GALIZA.

As persoas que queiran estar integradas na Asemblea o farán a nivel persoal, sen prexuízo de que cumpran un mandato de calquera partido, que se someta o código ético…

E dicir, a Asemblea Permanente será o foro que permita que a cidadanía participe na política que lles afecte, con capacidade para recibir información, facer propostas e debates, ou rexeitar os mandatos, se os elixidos non cumpren o seu compromiso formalizado no intre de configurar as candidaturas.

O papel de persoas con experiencia ou integrada en algún partido político, e fundamental para aproveitar a súa capacidade de organización, pero sempre referido a unha valoración persoal, desligada do aparato político a que pertenza.

En canto uso de ferramentas informáticas, quizais haberá que constituír un grupo de traballo, que elabore unha proposta o respecto.

En Vigo estase a poñer a punto unha aplicación que permita:

  • Controlar o rexistro de participantes, evitando duplicidades e controlando o seu dereito a voto.
  • Recoller propostas para o programa electoral, con posibilidades de debate previo a celebración da Asemblea na que se definan os obxectivos.
  • Crear una lista única de candidatos a ser elixidos nunhas primarias abertas.
  • Xestionar un sistema de votación que garanta o segredo, así como a transparencia e integrade dos resultados, con elementos sistemáticos de verificación para tódolos participantes, facilitando os procedementos de recollida de votos e a súa contabilización, con dúas opcións posibles:
  • Votación remota a través de internet ou telefono móbil, mediante unha CLAVE ÚNICA, que garanta tanto a non duplicidade de votos, coma o seu segredo.
  • Votación nunha mesa electoral, presentando o DNI pero facilitando o control por acceso remoto instantáneo e actualizado aos datos persoais, evitando duplicidades e garantindo o segredo.
  • Obtención inmediata de resultados, con programación de copias periódicas que permitan verificar calquera intento de fraude a través de sistemas ilegais de manipulación da información.(1)

Esta aplicación, estará dispoñible para calquera plataforma, que desexe utilizala, aínda que temos que recoñecer que está en vías de desenrolo e implantación, pero estamos certos de que é posible tela antes do fin de febreiro, o mais tardar.

______________________________

(1)Tendo en conta que os votos vanse engadindo a un ficheiro, por orden de emisión, o sistema consistiría no seguinte: Cada certo tempo (p.ex. 15 minutos) se obtería unha copia de todo o seu contido, nun soporte externo, non accesible de forma remota (supoñamos 100 rexistros).

No seguinte período, (pasados outros 15 minutos) obteríase un segundo ficheiro (supoñamos con 80 rexistros mais, o sexa 180) o mesmo se compararía co anterior, comprobando que os 100 rexistros coinciden cos contidos no primeiro ficheiro copiado.E así sucesivamente, hasta completar o proceso.Si se detectase algún cambio, respecto a un ficheiro anterior, se analizaría a importancia, decidindo si é momento de cancelar a votación, e reiniciala de novo, ou basta con restaurar a copia valida que non se modificou respecto o anterior, e se revisan os votos novos incluídos no ficheiro sospeitoso, invitando a os que votaron en determinado período a confirmar os seus votos, verificando as papeletas persoais obtidas.

Debate en el Diario Progresista sobre PODEMOS y PSOE

1 Feb

GALEGO (al pié, en castellano)

Debate no Diario Progresista sobre PODEMOS vs PSOE 

Ver: Podemos-saca-las-fanfarrias-y-esconde-las-ideas

Todas e cada unha das reflexións do Sr. Arias na “carta ao director” respecto de Podemos son perfectamente aplicables a iso que segue chamándose PSOE, e que esperemos que nunca se recupere como Partido Político, salvo que emprenda o camiño de renovación e recuperación dos ideais de esquerda, empezando pola expulsión de Felipe González e outros dirixentes que se venderon descaradamente ao capitalismo…

Podemos aínda non explicou cales van ser as súas estratexias, se consegue unha maioría no parlamento?… E o PSOE?… Non só non di como nos sacaría da crise senón que é evidente que seguirá na case liña do PP, polo que xa se fala de posible coalición: Vostedes están aí para que o capitalismo máis desapiadado poida seguir coas súas extorsións, apoderándose do patrimonio e cultura dos pobos, convertendo ás persoas en consumidoras compulsivas e frustradas.

Co fácil que sería quitarlle o poder aos financeiros!… Eles mesmos puxérono fácil, pois a súa arma principal (co que dominan calquera outra) é o diñeiro,  pero coa súa tola ambición de controlalo destruírono, polo que deixou de ser o TESOURO que, só pola ignorancia, todos buscamos.

O seu valor é ficticio, pois non existe ningún respaldo que o xustifique, salvo disparatadas teorías económicas, que nada teñen que ver coa realidade.

Posto que o seu valor é CERO, todos os billetes son falsos, e basta con darlle á máquina de fabricar billetes, para saír da crise, e exporse outra forma de economía baseada nas verdadeiras necesidades  na que o diñeiro estea controlado polas institucións públicas democráticas, “inventando” solucións que garantan un desenvolvemento sustentable e solidario.

Alternativas?… A primeira, que o Estado teña o seu propio sistema financeiro, recuperando a banca pública ao servizo do ben común, e restrinxindo a actividade privada a entidades éticas e sen ánimo de lucro, como Caixas de Aforro Populares, ou Cooperativas de Crédito, administradas polos seus propios usuarios, recortando ao máximo as dimensións de calquera entidade financeira privada, ou o que é o mesmo, prohibindo a libre circulación de capitais máis aló da libre circulación de persoas, e instaurando outras formas de xestionar o diñeiro necesario para facilitar as transaccións económicas: Diñeiro con data de caducidade, diñeiro virtual identificando a súa orixe e destino, facilitar o uso de moedas sociais, dispor de fondos suficientes para que calquera persoa teña garantida unha subsistencia digna…

E estamos a falar simplemente do recoñecemento dos Dereitos das persoas, sen entrar en ideoloxías, que todas son válidas se se someten ao ben común, respectando eses dereitos, en base a unhas leis xustas controladas democraticamente a partir dunha transparencia e información necesarias para unha votación responsable.

Así, poñámonos a limpar os nosos parlamentos, favorecer todos os cambios para librarnos da secuela de corruptos e ineptos que até agora nos viñeron manipulado (que non gobernando)…

Para iso, bastaría con que a maioría dos cidadáns asumisen para as próximas eleccións, o PEM (http://pemm.es/, é un ensaio que estamos a desenvolver) para romper con esta inercia dos partidos, que só pretenden achegar a brasa á súa sardiña.

Só me resta engadir que persoalmente teño moitas criticas que facerlle a PODEMOS, pero os que queremos un cambio xa, non nos queda outra que pospor calquera debate ideolóxico para cando estean fora os servidores do sistema financeiro, e podamos vernos nun debate aberto e construtivo, empezando por romper as ataduras co xa “ANTIGO” réxime.

Así pois empecemos por instalar unha democracia real, e logo abrir o debate popular para informar e decidir un futuro de liberdade e convivencia pacifica.


CASTELLANO.

http://www.diarioprogresista.es/podemos-saca-las-fanfarrias-y-esconde-las-ideas-60248.htm

Todas y cada una de las reflexiones del Sr. Arias en la carta al director respecto a Podemos son perfectamente aplicables a eso que se sigue llamándo PSOE, y que esperemos que nunca se recupere como Partido Político, salvo que emprenda el camino de renovación y recuperación de los ideales de izquierda, empezando por la expulsión de Felipe González y otros dirigentes que se vendieron descaradamente al capitalismo…
¿Podemos aún no ha explicado cuales van a ser sus estrategias, si consigue una mayoría en el parlamento?… ¿Y el PSOE?… No solo no dice como nos sacaría de la crisis sino que es evidente que seguirá en la cuasi línea del PP, por lo que ya se habla de posible coalición: Ustedes están ahí para que el capitalismo más despiadado pueda seguir con sus extorsiones, apoderándose del patrimonio y cultura de los pueblos, convirtiendo a las personas en consumidoras compulsivas y frustradas.
¡Con lo fácil que sería quitarle el poder a los financieros!… Ellos mismos lo han puesto fácil, pues su arma principal (con lo que dominan cualquier otra) es el dinero,  pero con su loca ambición de controlarlo lo han destruido, por lo que ha dejado de ser el TESORO que, solo por la ignorancia, todos buscamos. 
Su valor es ficticio, pues no existe ningún respaldo que lo justifique, salvo disparatadas teorías económicas, que nada tienen que ver con la realidad.
Puesto que su valor es CERO, todos los billetes son falsos, y basta con darle a la máquina de fabricar billetes, para salir de la crisis, y plantearse otra forma de economía basada en las verdaderas necesidades  en la que el dinero esté controlado por las instituciones públicas democráticas, “inventando” soluciones que garanticen un desarrollo sostenible y solidario.
¿Alternativas?… La primera, que el Estado tenga su propio sistema financiero, recuperando la banca pública al servicio del bien común, y restringiendo la actividad privada a entidades éticas y sin ánimo de lucro, como Cajas de Ahorro Populares, Cooperativas de Crédito, administradas por sus propios usuarios, recortando al máximo las dimensiones de cualquier entidad financiera privada, o lo que es lo mismo, prohibiendo la libre circulación de capitales más allá de la libre circulación de personas, e instaurando otras formas de gestionar el dinero necesario para facilitar las transacciones económicas: Dinero con fecha de caducidad, dinero virtual identificando su origen y destino, facilitar el uso de monedas sociales, disponer de fondos suficientes para que cualquier persona tenga garantizada una subsistencia digna…
Y estamos hablando simplemente del reconocimiento de los Derechos de las personas, sin entrar en ideologías, que todas son válidas si se someten al bien común, respetando esos derechos, en base a unas leyes justas controladas democráticamente a partir de una transparencia e información necesarias para una votación responsable.
Así, pongámonos a limpiar nuestros parlamentos, favorecer todos los cambios para librarnos de la lacra de corruptos e ineptos que hasta ahora nos han venido manipulado (que no gobernando)…
Para ello, bastaría con que la mayoría de los ciudadanos asumieran para las próximas elecciones, el PEM (http://pemm.es/, es un ensayo que estamos desarrollando) para romper con esta inercia d los partidos, que sólo pretenden acercar el ascua a su sardina.
Sólo me resta añadir que personalmente tengo muchas críticas que hacerle a PODEMOS, pero los que queremos un cambio ya, no nos queda otra que posponer cualquier debate ideológico para cuando estén fuera los servidores del sistema financiero, y podamos vernos en un debate abierto y constructivo, empezando por romper las ataduras con el ya “antiguo” régimen.
Así pues empecemos por instalar una democracia real y luego abrir un debate popular para informar y decidir un futuro de libertad y convivencia pacífica.

669781006