UNHA PROPOSTA DE FUTURO DAS MAREAS, incluindo un sistema de xestión informática

6 Feb

Nas MAREAS de Vigo e da Coruña, optouse por constituírse nun partido instrumental, para presentar unha candidatura única en cada concello, aglutinando as diferentes tendencias e partidos dispostos a participar nunha acción unitaria.

A min paréceme ben, pensando en que debe prolongarse a súa existencia más aló da celebración das eleccións, pois pretendese manter un vinculo entre os electos e o pleno da Asemblea Permanente da Cidadanía, para informar e cursar propostas de interese social e fiscalizar a acción dos electos respecto o seu cumprimento do programa proposto.s aló das Municipais, e que se rexería por un regulamento de participación que permitise:

En calquera caso, suponse que tal partido instrumental ten un carácter Asembleario, definido nos seus estatutos, de forma que os responsables do mesmo someten as súas accións e decisións o mandato do pleno da Asemblea, sendo responsables do mantemento da democracia interna, garantindo a libre participación e información de tódolos integrantes do pleno.

Así pois, os obxectivos e regulamento do funcionamento e a elección do equipo de dirección do mesmo serían definidos por unha Asemblea dos afiliados / fundadores, na que se formalizarían os acordos tomados por maioría (entre os que estará un código ético de comportamento como membro do mesmo), para o que se propón a modo de exemplo:

  • Se establecerán uns órganos de administración,segundo un regulamento para a súa elección e funcionalidade, que poderá organizarse en grupos de traballo, para mellor cumprir os mandatos da Asemblea, que terá carácter de permanente.
  • Poderán ser membros de tal partido instrumental, tódalas persoas maiores de 16 anos, con voz, voto e opción de ser elixidos, firmando unha ficha de afiliación, onde consten os datos de contacto para convocatorias e difundir información, sen prexuízo de que cada quen poida estar afiliado a outro partido, toda vez que o obxectivo da Asemblea permanente será prover de unha ferramenta de participación cidadán na política global dun xeito libre e responsable, mais alá da celebración das eleccións, pois non esquezamos que aos nosos candidatos se lles esixe unha liña de información, así como de recollida de peticións, para o que será preciso celebrar Asembleas ou xuntanzas periódicas (p. ex., cada 6 meses).
  • O Partido poderíase financiar a base dunha cota anual de 1 € a pagar por os afiliados, así tamén un pequeno porcentaxe (en torno o 1%) sobre os ingresos que perciban os electos polo desempeño do seu cargo. Unha proposta a debater, será si a cada candidato se lles esixe deixen unha carta de dimisión do cargo, sen data, por si a Asemblea decidira que debe abandonalo, si non cumpre co programa. (Maioría de dous terzos dos membros da Asemblea).

O Nome podería ser: Asemblea Permanente da Marea de… (ASPEMAR). Que logo podería federarse con outras plataformas ou partidos instrumentais de outras localidades galegas, podendo chamarse APMAREAS / GALIZA, Xa que logo haberá que prepararse paras as eleccións ao parlamento do estado e da GALIZA.

As persoas que queiran estar integradas na Asemblea o farán a nivel persoal, sen prexuízo de que cumpran un mandato de calquera partido, que se someta o código ético…

E dicir, a Asemblea Permanente será o foro que permita que a cidadanía participe na política que lles afecte, con capacidade para recibir información, facer propostas e debates, ou rexeitar os mandatos, se os elixidos non cumpren o seu compromiso formalizado no intre de configurar as candidaturas.

O papel de persoas con experiencia ou integrada en algún partido político, e fundamental para aproveitar a súa capacidade de organización, pero sempre referido a unha valoración persoal, desligada do aparato político a que pertenza.

En canto uso de ferramentas informáticas, quizais haberá que constituír un grupo de traballo, que elabore unha proposta o respecto.

En Vigo estase a poñer a punto unha aplicación que permita:

  • Controlar o rexistro de participantes, evitando duplicidades e controlando o seu dereito a voto.
  • Recoller propostas para o programa electoral, con posibilidades de debate previo a celebración da Asemblea na que se definan os obxectivos.
  • Crear una lista única de candidatos a ser elixidos nunhas primarias abertas.
  • Xestionar un sistema de votación que garanta o segredo, así como a transparencia e integrade dos resultados, con elementos sistemáticos de verificación para tódolos participantes, facilitando os procedementos de recollida de votos e a súa contabilización, con dúas opcións posibles:
  • Votación remota a través de internet ou telefono móbil, mediante unha CLAVE ÚNICA, que garanta tanto a non duplicidade de votos, coma o seu segredo.
  • Votación nunha mesa electoral, presentando o DNI pero facilitando o control por acceso remoto instantáneo e actualizado aos datos persoais, evitando duplicidades e garantindo o segredo.
  • Obtención inmediata de resultados, con programación de copias periódicas que permitan verificar calquera intento de fraude a través de sistemas ilegais de manipulación da información.(1)

Esta aplicación, estará dispoñible para calquera plataforma, que desexe utilizala, aínda que temos que recoñecer que está en vías de desenrolo e implantación, pero estamos certos de que é posible tela antes do fin de febreiro, o mais tardar.

______________________________

(1)Tendo en conta que os votos vanse engadindo a un ficheiro, por orden de emisión, o sistema consistiría no seguinte: Cada certo tempo (p.ex. 15 minutos) se obtería unha copia de todo o seu contido, nun soporte externo, non accesible de forma remota (supoñamos 100 rexistros).

No seguinte período, (pasados outros 15 minutos) obteríase un segundo ficheiro (supoñamos con 80 rexistros mais, o sexa 180) o mesmo se compararía co anterior, comprobando que os 100 rexistros coinciden cos contidos no primeiro ficheiro copiado.E así sucesivamente, hasta completar o proceso.Si se detectase algún cambio, respecto a un ficheiro anterior, se analizaría a importancia, decidindo si é momento de cancelar a votación, e reiniciala de novo, ou basta con restaurar a copia valida que non se modificou respecto o anterior, e se revisan os votos novos incluídos no ficheiro sospeitoso, invitando a os que votaron en determinado período a confirmar os seus votos, verificando as papeletas persoais obtidas.

Anuncios

Una respuesta to “UNHA PROPOSTA DE FUTURO DAS MAREAS, incluindo un sistema de xestión informática”

Trackbacks/Pingbacks

  1. UNHA PROPOSTA DE FUTURO DAS MAREAS, incluindo un sistema de xestión informática (2) | maquintei - julio 10, 2015

    […] UNHA PROPOSTA DE FUTURO DAS MAREAS, incluindo un sistema de xestión informática. […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: