HACIA AS PROXIMAS ELECCIONS: AS MAREAS E OS PARTIDOS

12 Jul

osdous

Os partidos que están na oposición ao bipartidismo, teñen que aceptar dar o protagonismo aos movementos cidadáns que propoñen unha organización unitaria de Asembleas abertas, onde debater os programas e propiciar listas unitarias para desaloxar os corruptos que nos mal gobernan.
 
Os seus afiliados deben de participar, sen renunciar a súas ideoloxías, pero competindo democraticamente, a procura de unha unidade popular imprescindible.
 
PODEMOS, que iniciou a súa andadura co a bandeira do Asemblearismo, derivou cara a unha estrutura típica (lexitima, pero piramidal), polo que debe renunciar a “capitanear” o intento de crear unha fronte popular única, por simple respecto a vontade das maiorías cidadáns…
 
Tódolos partidos (incluído PODEMOS) deben de invitar aos seus afiliados a participar nos movementos cidadáns,onde democraticamente defender os seos lexítimos obxectivos, aceptando renunciar a presentar listas propias, deixando que os seus candidatos sexan elixidos dentro da Asemblea, nun proceso que facilite recoñecemento das minorías.
 
Pero tamén as Asembleas deben de estar dispostas a aceptar, dentro do ámbito do seu movemento Asembleario, debates respecto a o programa que cada partido propoña.
 
Tratase, en definitiva, de organizar previamente un debate entre concorrentes, antes da campaña oficial, para así ir con un único proxecto da maioría.
 
Dada a situación política, o obxectivo puidera ser construír un novo parlamento que se aplique a arranxar as normas electorais, o conxunto de leis sociais e a Constitución, convocando un referendo e tamén a disolución das Cortes para unhas novas eleccións baixo una normativa autenticamente democrática.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: