A participación cidadá.

18 Mar

1         PARTICIPACIÓN CIDADÁ NOS CONCELLOS

1.1      Creación unha concellería de participación cidadá..
Haberá un concelleiro dedicado a manter e propiciar o diálogo co Foro ou Asemblea de cidadáns, facilitando a súa organización e dotándoa dos medios adecuados.

1.2      Creación de un Foro Cidadá.
Se convocará unha Asemblea constituinte do FORO cidadá, no que poderán integrarse todas as persoas censadas no Concello, maiores de 16 anos. A mesma elaborará un regulamento para o seu funcionamento, que deberá ser ratificado polo pleno do Concello, e soamente se poderá modificar por decisión da maioría absoluta da Asemblea.

1-3      Fomento e promoción do Foro Cidadá.
O Foro terá un carácter permanente, constituído en Asemblea, rexéndose por o regulamento que o mesmo estableza, por acordo da maioría dos membros inscritos. A súa función será a de reunirse regularmente (por exemplo, cada 3 meses) para recibir información sobre a xestión municipal, expor demandas ou reclamacións, e propoñer medidas que se someterán o pleno do concello, para a súa aprobación.
Unha alternativa a dito Foro, sería o recoñecemento da Asemblea da Marea de Vigo, se a mesma se constitúe en permanente, xa que a mesma tería a potestade de exixir a dimisión de aqueles dos seus candidatos que habendo resultado elixidos, non cumpran o programa prometido.

1.4      Redefinir a normativa de participación cidadá.
Revisar a figura do Valedor do Cidadán, que debe ser elixido directamente, en votación separada cando as Municipais. Colaborará estreitamente co foro, realizando funcións de defensa e intermediación entre os veciños, ante os conflitos co concello.

1.5      Creación de ferramentas e canles, tanto físicas como dixitais de participación.
Un foro mixto, xestionado a través de Internet, pero coa posibilidade de debate directo, por exemplo, nun medio (radio, TV ou Prensa) onde formular propostas, debatelas e configuralas como medidas a propoñer o pleno do concello, aberto a tódalas persoas.

1.6      Promoción da participación cidadá ( achegamento a administración pública)
Política de “Portas Abertas”, visitas, especialmente de escolares, para informar de cómo funciona o Concello, creando sinerxías respecto a implicación da cidadanía

1.7      Facilidade na presentación  de iniciativas populares coa obrigatoriedade de tratamento e voz por parte das persoas promotoras.  
Cando menos unha vez cada trimestre, o Concello celebrará un pleno para oír as propostas ou demandas aprobadas no FORO ou Asemblea Permanente

1-8      Potenciar as consultas cidadáns establecendo a súa obrigatoriedade e carácter vinculante cando se trate de facer cambios lexislativos significativos ou que teñan que ver cos dereitos e liberdades das persoas.

1-9      Creación e posta en marcha de comisións cidadás que fiscalicen os traballos ou os servizos que presten as contratas municipais.
No FORO constituiranse comisións de estudo e investigación, para a valoración e seguimento dos servizos municipais ou municipalizados, para informar o pleno da Asemblea, que tomará as decisións pertinentes.

2   PROMOCIÓN E FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E COOPERATIVISMO.

2.1      Crearase unha Oficina para o fomento de cooperativismo e asocianismo.
 Supervisada por unha Comisión delegada do pleno, en estreita colaboración cos organismos autonómicos reguladores, así como coas Asociacións de Cooperativas, coordinaranse axudas e divulgación das prácticas cooperativas, facilitando a formación e asistencia aos promotores, así como apoio e promoción, das Cooperativas como solucións aplicables a empresas privadas en crise.
Ao mesmo tempo, se prestará apoio as iniciativas para a formación de Asociacións de persoas vinculadas a actividades sociais, deportivas, lúdicas e profesionais, sen animo de lucro.

2.2      Unha alternativa as ETT.
As persoas en situación de Paro, principalmente, os de longa duración, serán obxectivo preferente para ofrecerlles a posibilidade de implicarse en Cooperativas de Traballo Asociado, en condicións especiais, semellantes as previstas para las ETT, pero baixo criterios de solidarizade, colaboración e coa perspectiva de que as prestacións ou axudas económicas percibidas, se podan utilizar para a formación de un capital cooperativo, para ofrecer servizos diferenciados, administrando os propios traballadores as condicións e turnos a xestionar democráticamente.

2-3      APOIO AS FINANZAS ÉTICAS.
Apoio decidido as entidades financeiras sen ánimo de lucro, (Como COOP57 e FIARE). Creación dunha Caixa de Aforros Popular, sen ánimo de lucro, para recoller o aforro popular, prestar servizos financeiros, e contribuír o desenrolo da economía local, administrada por unha Asemblea Popular (constituída por representantes do concello, dos clientes e dos traballadores), tutelada polos concellos da bisbarra onde teña a súa actividade, mellorando as experiencias tradicionais que, en vez de ser corrixidas, foron suprimidas por unha política ao servizo das oligarquías financeiras internacionais.
Tamén podería asumir a función de xestionar e facilitar a implantación de outras alterativas populares como “Banco de Horas”, mercado de “TROCO”. Moedas socias, etc., proporcionando un sistema de xestión virtual que permitiría, de ser necesario, financiar o presuposto Municipal, sen pagar xuros, a través dunha plataforma Virtual de Crédito mutuo, no que os acredores locais do concello aceptarían ser pagados con moeda virtual.

3    COORDINACIÓN DOS FOROS

3-1      COLABOACION NOUTROS EIDOS POLITICOS.
Os FOROS pódense constituír a nivel local ou de bisbarra, nunha unidade de acción para apoiar e fiscalizar os gobernos municipais. Ao mesmo tempo, deben de estar abertos a coordinarse con outros FOROS nunha plataforma de concorrencia política, creando Asembleas de ámbito superior, como o provincial, Autonómico ou nacional, co obxectivo de coordinar a súa operativa, e ofrecer un foro común onde os candidatos e partidos poidan presentar as súas candidaturas e programas en primarias, para logo fiscalizar o cumprimento dos programas consensuados cos  candidatos e partidos. 

3-2    CONSOLIDACIÓN DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ NA POLÍTICA.
Ademais de fiscalizar a acción de goberno nos concellos, faise imprescindible que toda a política social que a nivel do Estado ou nacionalidade quéirase aplicar, estea sometida á aprobación da cidadanía, mediante referendo popular, para o que se procurará dispor de ferramentas informáticas que faciliten o debate e a votación.

maq@intergal.coop. – 669781006

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: